Son as 9 da maña e acabamos de chegar de volta a Roses,despois dunha noite longa,incluida unha parada en Bilbao para cear con Txomin,(bueno cear non,devorar uns chuletÓns e un bonito de primeira),e certamente ainda non saimos do noso asombro polo trato recibido,incrible.En primeiro lugar o Excmo. Sr. Alcalde de Barreiros, Don XOSÉ ALFONSO FUENTE PARGA, que nos recibiu no concello, e mostrouse entusiasmado perante este proxecto,e comprometeuse a axudarnos en todo o posible dende a sua posición.

Don Alfonso Fuente Parga recibíndonos no Concello de Barreiros.
Despois da exitosa reunión có Sr. Alcalde continuamos as conversas para a obtención de permisos e trasladamonos ao Concello de Burela donde tiñamos cita co Sr. Angel F., o cal nos informou de todolos tramites e pasos que debíamos seguir para que Capitanía Marítima nos concedera os permisos pertinentes.

Presentación na Capitanía Marítima de Burela.
E para rematar,onte venres 14, fomos recibidos por Don Mario Coto, presidente do Clube Naútico de Ribadeo, que nos atendeu e nos facilitou o contacto coa federación galega de vela,mais nos propuxo facer actividades conxuntas co clube o cal e un orgullo para nós poder ensinar este deporte na marabillosa ría de Ribadeo.
Don Mario Coto na porta do Clube Naútico.
O rematar as reunions comentabamos David e mais eu o bo trato recibido por todas estas persoas sen as cais este proxecto non seria posible.Dende aqui queremos expresar a nosa gratitude hacia eles,e ofrecerlles tanto o Concello de Barreiros,como o Clube Naútico de Ribadeo o noso apoio e sobretodo a nosa colaboración perante calquer proxecto deportivo.
Agora deixovos cunhas fotos de Galiza, para que vexades o paraíso que vos agarda.

PUNTA ANGUIEIRA (SPOT DE AUGASSANTAS KITE ESCOLA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE BARREIROS)

RIA DE RIBADEO (SPOT DE AUGASSANTAS KITE ESCOLA EN COLABORACIÓN CO CLUBE NAÚTICO DE RIBADEO)
Estas son as fotos do que nos espera,sinceramente a ilusión que temos o Augassantas´s Team queremos compartila con todos vós.Recomendovos que miredes as páxinas tanto do Concello de Barreiros como do Clube Naútico de Ribadeo para ir coñecendo as instalacións,spots,etc.
5 Comentarios
RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento



































Buenooo antes de nada felicitarvos!!!!
E que teñades moita sorte, que en Galicia o que fai falta e xente con iniciativa como vos, e que fagan cousas, porque o pais xa o temos, e recursos sobran, solo faita xente como vos para explotalo.
E contade conmigo en canto poida ali estarei!!!
Meus parabens!!!!!
Moita sorte!!!
ffffffffffffffffffffffssssssssssssssssssss…sin palabras.
Que peza de spot!
E dicir que non hai ninguén? Está seguro de que a auga é moi moi fria!
unha aperta e boa sorte no proxecto.
parabéns
QUINA ILUSIO EM FA EL TEU COMENTARI I ADEMAS EN GALLEGO!!!!!!!!!!!!!! NO L’AIGUA NO ÉS MOLT FREDA,PREGUNTALE A DAVID I ET DIRA, ENCARA QUE AQUEST DIA NO ERA EL MILLOR VENT, AMB SUD…….ÉS FLIPANTE
MERCI JAN, MERCI
A foto está ben bonita, agora só falta que contratedes vento para esa última fin de semana de outubro……