Saudos amigos, como saberedes estamos traballando no noso Open de kitesurf, con o cal pecharemos a tempada, a falta de pechar os patrocinadores (o cal se fará esta semana) adiantovos que será todo un éxito. Mais non e por isto este post.
Levamos traballando na opción de facer unha viaxe conxunta de kitesurf entre os amigos de Augassantas, e temos xa decidido o lugar, Cumbuco en Brasil.Despos de negociar con Enrique Almenara, propietario de Pousada de Cumbuco, ofrecenos un bo prezo para a estancia do grupo. Esta viaxe de facerse será en outubro, e a falta de confirmar os dias, abrimos este post para que todos os que o desexedes vos apuntedes a esta viaxe con nós.
(info hotel)
http://WWW.POUSADACUMBUCO.COM/
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento












